Outras Áreas Municipais
Está nas Oficinas Centrais, é o departamento que rixe todo o funcionamento administrativo do concello.
A responsable deste dpto. é a Secretaria-Interventora María Ángeles García Villaverde.
- Teléfono: 986 557 125
- Correo electrónico:secretaria@pontecesures.org
Se é provedor do Concello de Pontecesures e precisa resolver algunha cuestión relativa a facturación, pode poñerse en contacto coa responsable do servizo mediante teléfono ou correo electrónico:
- Teléfono: 986557125
- Correo electrónico:tesoreria@pontecesures.org
O Concello de Pontecesures forma parte do Programa Integrado de Emprego, xunto a Dodro, Catoira, Padrón, Rois e Valga.
Na edición 2024-2025, acadouse unha inserción laboral do 40% entre as veciñas e veciños de Pontecesures que participaron no programa.
- Asesoramento e Orientación na procura activa de emprego.
- Asesoramento e Orientación ó autoemprego (autónomos).
- Información de OPEP edemanda de postos por parte da empresa.
- Información e participación nos procesos selectivos de contratación de persoal postos en marcha polo Concello de Pontecesures e polo Programa Integrado de Emprego.
O seu responsable é José Francisco Rodríguez Fructuoso.
- Teléfono: 986564403
- Enderezo electrónico: emprego@pontecesures.org
Para asuntos vencellados con procesos de licitación, adxudicación e/ou contratación.
O actual responsable é Antonio Fernández Garrido
- Enderezo electrónico: administracion@pontecesures.org
- Teléfono: 986 564 408
Mocidade: Axudas, subvencións, trámites académicos e calquera outra xestión vencellada á administración pública.
Información e axuda na tramitación de inscrición en Campamentos de Verán da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra ou calquera outra administración.
Información, asesoramento e apoio na realización de trámites administrativos ás asociacións culturais, veciñais, sociais e deportivas do Concello de Pontecesures.
Interlocutor con empresas de xestión cultural.
O seu responsable é o Informador Xuvenil Francisco Freiría Oliveira.
- Teléfono: 986564410
- Correo electrónico:xuventude@pontecesures.org
Para temas de Seguridade Cidadá, tráfico, incidencias na vía pública ou de natureza análoga.
Para animais abandonados e/ou xacentes na vía pública, fóra do horario presencial da Vixiancia Municipal, chamar ó 112 que o porá en contacto co servizo de Recollida de Animais da CAAN.
Horario de 07:30 a 21:30 horas, salvo situacións excepcionais que requiran a presenza dos vixiantes noutra franxa horaria.
112 para calquera emerxencia de índole sanitaria, seguridade cidadá, incendios, etc...
- Teléfonos: 649 09 11 01 - 659 33 80 66
- Correo electrónico:policia@pontecesures.org